Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 25 de novembro

11.00 h
Na sede da Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago de Compostela e Comarca (rúa Salvadas, 29-31, baixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da sección de Restauración da devandita Asociación, Jesús Sordo, asisten ao acto organizado pola Concellería de Benestar Social e Igualdade con motivo do Día Internacional contra a Violencia de xénero.

11.30 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conce Roa, visita o lugar de Angrois no barrio de Sar. Punto de encontro: a ponte sobre o ferrocarril de Angrois.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar a compañía-asociación Femenino Plural, un proxecto teatral con vocación de comprometerse coa realidade das mulleres do noso tempo que representará a obra Mujer Luz na Casa das Asociacións o sábado 27.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No CSCX do Ensanche, entrega de premios do X Concurso "Educando na convivencia en Igualdade:A miña vision sobre a violencia de xénero", acto organizado pola Concellería de Benestar Social e Igualde con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero.

14.15 h
No Polígono de Sabón, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos Premios Fernández Latorre.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva da modificación da normativa do plan parcial do polígono industrial do Tambre.
3. Toma de coñecemento da aprobación definitiva e publicación da normativa urbanística aprobada da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal no ámbito do solo urbanizable delimitado número 7 (SUD-7). Vite de Arriba.
4. Nomeamento de auditores na empresa municipal EMUVISA.
5. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG relativa á solicitude de devolución do canon dixital.
6. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa ao día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa á depuradora da Silvouta.
8. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa ao proxecto de conexión ferroviaria co aeroporto de Lavacolla.
9. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa á retirada dos cambios no plan de vivenda por parte do Goberno do Estado.
10. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG relativa ao aeroporto de Lavacolla.
11. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para instar á Xunta a manter os investimentos en materia educativa para o ano 2011.
12. Solicitude do grupo municipal do Partido Popular de comparecencia do concelleiro delegado de obras e infraestruturas, D. Bernardino Rama.
13. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local relativo a delegación de competencias.
14. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
15. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
16. Rogos e preguntas.
17. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Compartir: