Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 22 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e do presidente da Área Empresarial do Tambre, Jesús Chenel, para presentar o novo servizo da Rede de Cooperación Local de Promoción das Empresas e Entidades de Santiago a través da web maiscompostela.org.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA para presentar o cuarto anuario da Academia Galega do Audiovisual "Papeis da Academia", no marco de Cineuropa. No acto estarán presentes o Director Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Anxo Quintanilla; o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Xosé Manuel Olveira "Pico"; o director de Cineuropa, Jose Luis Losa; o compositor musical Arturo Kress; e Nani García, vogal da Academia Galega do Audiovisual.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, e do concelleiro Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

Cineuropa 2010
Toda a información en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: