Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 20 de novembro

11.00 h
No parque de San Lázaro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto con outros alcaldes do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, descubre unha placa conmerativa do apoio do Grupo ao Ano Santo 2010. A continuación, asistirán á Misa do Peregrino onde o actual presidente do GCPHE e alcalde de San Cristóbal de La Laguna, Fernando Clavijo Batlle, realizará a ofrenda ao Apóstolo. NOTA: se o tempo acompaña os alcaldes realizarán o último tramo do camiño a pé.

12.30 h
Na Praza do Toural, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do Día Mundial en recordo das vítimas da violencia viaria, organizado por Stop Accidentes.

12.00h.
Na Praza Roxa, Xogos Populares organizados polo CSCXM do Ensanche.
18.00h.
No LSC da Peregrina, O Catre Teatro presenta Contos de pés.
18.00h.
No LSC de Bando, Títeres Cascanueces presentan A rúa das pantasmas.
18.00h.
No LSC do Viso, Talía Teatro presenta o contacontos Mundos Contados.
18.00h.
No LSC de Figueiras, actuación dos Monicreques de Kukas represnetando Andainas dun monicreque dentro do programa ASÓMATE da rede de Cemtros Socioculturais.
18.00h.
No Local Sociocultural de Villestro, Taller de Ciencia Divertida dentro do programa da Semana da Ciencia na Rede de Centros Socioculturais.
18.00h.
No Auditorio de Galicia, IV Certame Galego de Bandas de Música coa participación das bandas da Sección Segunda.
19.00h.
No Campo de Conxo, Festa do magosto organizada polo Centro Sociocultural de Conxo. Xogos do magostiño para nenos/-as a partir das 17:00h.

Cineuropa 2010
Toda a información en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: