Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 17 de novembro

11.00 h
No CEIP Monte dos Postes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras realizadas con cargo aos fondos FEES no pavillón do colexio con motivo da súa finalización.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá da praza do Obradoiro ás 10.45 h.

12.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes e organizadores do Torneo Internacional de Squash "Cidade de Santiago", que se disputa en Área Central do 15 ao 20 deste mes.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e da delegada en Galicia de Stop Accidentes, Jeanne Picard, para presentar os actos que se van realizar con motivo do Día mundial en recordo das vítimas da violencia viaria.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (rúa Manuel María, 6, Salgueiriños), a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, inaugura a exposición Elas fan Camiño, que rende homenaxe ás mulleres peregrinas e a todas aquelas que participaron na conservación e na promoción do Camiño de Santiago ao longo da historia.

20.30 h
Na Asociación Cultural 'O Galo' (San Miguel dos Agros, nº 2) charla sobre a Muralla de Santiago dentro do programa Compostela Conta. A arqueoloxía na Cidade Histórica. Interveñen: Olga Pedreira, Concelleira da Cidade Histórica; Javier Fernández, Xefe de servizo da OCHiR; Goretti González Vila, Arqueóloga Municipal.

Compartir: