Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 15 de novembro

10.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as Xornadas 10 ANOS DE POLÍTICA MUNICIPAL DE VIVENDA. EMUVISSA 2000-2010.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar a Aula de Informática do devandito centro e a súa programación.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.15 h da praza do Obradoiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a exposición Elas fan camiño, que rende homenaxe ás mulleres peregrinas e a todas aquelas que participaron na conservación e na promoción do Camiño de Santiago ao longo da historia.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o director do IES Xelmírez II, José Luis Martín Iglesias, con motivo da clausura do ciclo de actividades organizadas polo centro para conmemorar o seu XXV Aniversario.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director da Banda Municipal de Música, Xosé Carlos Seráns, para presentar a programación Otubro 2010-Maio 2010 da Banda.

13.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de TUSSA.

19.00 h
No Centro Sociocultural de Caixanova (praza de Cervantes), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as Aulas da Terceira Idade.

CINEUROPA
Programación completa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: