Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 11 de novembro

11.15 h
No Parque de Vista Alegre, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da USC, Juan Casares Long, visitan as obras da nova sede do Museo de Historia Natural Luis Iglesias.

11.30 h
Cineuropa
No Teatro Principal, a Academia Galega do Audiovisual presenta o Foro Academia Aberta 2010 que terá lugar no marco do Festival Cineuropa entre o 16 e o 18 de novembro. No acto estarán presentes Carlos Ares, secretario da Academia Galega do Audiovisual; Rosa Álvarez, vogal da Academia Galega do Audiovisual; Jose Luís Losa, director de Cineuropa; e Teresa Porto, Xerente da Fundación Caixa Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o Premio Nobel de Física en 1976, Samuel Chao Chung Ting, que se atopa en Santiago para participar no programa Conciencia.

14.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes na XXIX Asemblea Xeral da Unión de Editoriales Universitarias Españolas.

19.00 h
No CSCX do Ensanche, Cata de viños dentro do programa deCÁTAte.

20.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Simposio Nacional sobre Úlceras por Presión.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por David Afkham e co pianista Lars Vogt.
Cineuropa
Toda a programación en www.compostelacultura.org

Compartir: