Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 7 de outubro

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co presidente da Asemblea Local de Cruz Vermella, Rufino Constantino Pérez Outes.

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o embaixador de Cuba en España, Alejandro González Galiano.

11.00 h
No CERSIA (San Lázaro), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a I Feira Emprego de Santiago de Compostela.

12.00 h
No Centro de Estudos Avanzados (Parque de Vista Alegre), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e os membros do proxecto europeo de vivenda social SUITE, que se atopan en Santiago para preparar as súas conclusións, manterán un encontro cos medios de comunicación.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar o programa deCÁTAte do departamento de Centros Socioculturais. Na rolda estará tamén Modesto López, responsable do programa.

19.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social, a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, inicia o programa "Muller e Saúde".

20.00 h
No CSC das Fontiñas, A hora artística, dentro do programa Aula de Xogo.

20.30 h
Galicreques
No Teatro Principal, o Teatro Estatal de Varna presenta Allegro Vivace dentro da programación de Galicreques.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá con Enrico Dindo ao violoncello. Obras de Duran, Saint-Säens e Mozart.

Compartir: