Previsións informativas para o venres 22 de outubro
9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Aprobación inicial da modificación de ordenanzas de ingresos públicos para o ano 2011.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Castelao, sobre asuntos de caracter local.
11.45 h (aprox)
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibe os nenos das escolas infantís municipais de Fontiñas, Conxo, San Roque e Tambre, que rematan a peregrinación "4.004 pasiños".
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
13.00 h
No Salón Reitoral, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de Administración da Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras S.L, Uninova. A continuación, asiste á reunión do Consello de Administración da Sociedade Cursos Internacionais.
20.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición de Xurxo Oro Claro, Bosque 3.050, coa presenza do propio artista e da comisaria da mostra Monse Cea.
20.30 h
No CSC de Conxo, José María Costa Lago, da Asociación da Micoloxía "Pan do raposo" imparte unha conferencia sobr fungos comestíbeis.
20.30 h
DeCÁTAte
No CSC das Fontiñas, primeira das catas de aceite dentro do programa deCÁTAte.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música dirixida por Michail Jurowski.