Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 20 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co presidente do padroado da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia, José Antonio Seoane Ares.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do presidente de Actus, Francisco Luengo, para presentar o terceiro disco da colección de Órganos de Compostela. Na rolda estará tamén Manuel Cela, organista da Catedral, e protagonista deste terceiro CD e Pablo Barreiro, técnico de son da Radio Galega que colabora na colección.

20.00 h
Na Fundación Caixa Galicia de Santiago de Compostela, o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, presentan o libro "Láminas de Compostela", composto por 50 debuxos do profesor Jesús Ángel Simal.

Compartir: