Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 19 de outubro

10.30 h
Nas inmediacións do Estadio de San Lázaro, a concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, participa no acto de presentación da CARAVANA DE EDUCACIÓN VIARIA que promove o Instituto de Seguridade Viaria de FUNDACIÓN MAPFRE. No acto tamen estará Juan Lago, director de MAPFRE en Santiago de Compostela.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, visita á exposición Santiago, punto de encontro organizada polo Programa Club dos Maiores.

17.30 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe un grupo de peregrinos encabezados polo conselleiro delegado de Siemens España e do Cluster South West Europe, Francisco Belil, así como polo director rexional de Siemens Galicia.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Semana dos espantallos dentro do programa da Aula de Xogo para nenos e nenas de ata 5 anos acompañados dun adulto.

20.00 h
No CSC de Vite proxección de curtametraxes do apartado de Cine Europeo Short Matters dentro da programación de Curtocircuíto.

20.30 h
No CSC das Fontiñas, inauguración da exposición A miña republicana coa participación do dono do arquivo fotográfico David Fernández Martínez.

Compartir: