Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 15 de xullo

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para dar a coñecer o nome dos comercios gañadores da Edición de verán do Concurso de Escaparatismo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar Animalingua 2009, granxa-escola en lingua galega.

18.30 h
No Paseo da Ferradura, na Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura Ferradura Aberta 2009.

19.00 h
Na Praza de Abastos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a gala de entrega do premio Santiago (é)tapas. Asiste o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.

Vive o Verán
10.00h. No Parque Finca Vista Alegre, Tai Chi para todos os públicos. 10.00h. No Parque da Constitución, Ximnasia Terapéutica para todos os públicos. 11.00h. No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, Obradoiro Medioambiental: Medindo o tempo. Todo o día. Saída ao Parque acuático de Cerceda

Compartir: