Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 21 de decembro

21.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á gala final da campaña Nadal Solidario, organizada pola Concellería de Participación Cidadá, en colaboración co xornal gratuíto Santiagosiete, que consiste na recollida de alimentos e xoguetes para doar ás catro institucións máis representativas na asistencia dos cidadáns desfavorecidos: Cociña Económica, Cottolengo, Cáritas e o Albergue Xoán XXIII. Actuará o grupo Brotherhood Singers.
As entradas para asistir á gala están á venda na páxina web www.nadalsolidario.org, na billeteira do Teatro Principal, e nas oficinas de Santiagosiete no polígono da Costa Vella. Pódense facer reservas na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes, avda. de Vilagarcía, 43) persoalmente ou chamando ao nº de teléfono: 981 542 350.

Apalpando as Ilusións
19.30h. No LSC Monte do Gozo, Amio, Títeres Cachirulo presentan A historia do Apalpador.
20.00h. No LSC de Laraño, Dani García presneta o espectáculo de maxia Acción.

Compartir: