Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 22 de outubro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia: O castelo da Rocha Vella (de Santos Bartolomé). Dirixido por Maximino Zumalave e cos Monicreques de Kukas.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega do II Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, que recaeu na obra "Un gran soño", de Felipe Ugalde.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o ciclo de cinema Non Future. Na rolda tamén estará Moncho Lemos, xornalista cinematográfico da CRTVG.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Rosa Fernández Somoza, sobre asuntos da súa área.

19.00 h
No CSCX do Ensanche, proxección de O Partido dentro do programa Cinemas Dixitais.

20.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega dos premios "Galego do Ano" e "Galegos do Mes".

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Atlántico presenta O xogo de Yalta e Afterplay dentro da Feira Galega das Artes Escénicas.

Compartir: