Previsións informativas para o luns 28 de xuño
NOTA: mandarase nota dos asuntos da Xunta de Goberno local.
11.00 h
En San Domingos de Bonaval, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega das Medallas Castelao.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular José Antonio Constenla, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Rubén Prol, para dar conta da aprobación dos prazos e o procedemento de admisión e matrícula nos servizos de comedor e de madrugadores na Rede de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2021-2022.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
13.00 h
No Palco da Música da Alameda, lectura do manifesto con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI.
17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente de Afundación, Miguel Escotet, asinan o convenio de colaboración para a realización dunha nova edición do programa "Cubertos".
19.00 h
No Cersia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Consello Económico e Social.