Previsións informativas para o venres 11 de xuño
11.15 h
Na Alcadía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o novo rexedor de Oroso, Luis Rey. Declaracións ao remate.
11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o XII Campionato de Galicia de Milla en Ruta 2021. Na rolda tamén estará o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos Baz.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
19.15 h
No CSC de Conxo, proposta lúdica Do bosque ao banquete, actividade programada para dar a coñecer a historia do Banquete de Conxo e o segredo das árbores.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Dolce Tormento’, concerto de Paco Varoch, piccolo, e Adrián García, percusión, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.