Previsións informativas para o venres 15 de xuño
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o programa "Corta coas desigualdades", dentro dos Orzamentos Participativos de Mocidade 2018.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa accidental, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
17.30 h
Na praza Roxa, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á feira Compostela + Solidaria.
19.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, gran partida do xogo Atopando Compostela. Intervirá o especialista en toponimia Xosé Lois Vilar, que fará unha introdución amena sobre o valor deste patrimonio inmaterial.
19.00 h
No Auditorio de Galicia, Festival fin de curso da Escola Municipal de Música.