Previsións informativas para o mércores 30 de maio
10.00 h
Na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, o alcade de Santiago, Martiño Noriega, participa na sesión constitutiva do Pleno da Comisión organizadora do Xacobeo 2021.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Mocidade, Noa Morales, e de Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar a oferta de campamentos e excursións para o verán das súas concellerías.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.
19.00 h
No Auditorio do IES Rosalía de Castro, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á Gala Solidaria da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM).
20.00 h
Na Igrexa da Universidade, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da exposición "Crónica de maio. París 1968", de Jesús Díaz Ferrer.