Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 25 de setembro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
En Fontiñas (na praza Sofía), posta en funcionamento dos novos colectores de recollida de roupa e calzado. Asisten o alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro Juan de la Fuente.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde da cidade, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentan a programación do ciclo Íntimo&Acústico para este cuadrimestre setembro-decembro 2012.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe á Asociación de Veciños Compostela Vella.

20.00 h
No Centro Sociocultural da Rocha, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a VIII Semana Cultural da Rocha.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Asmik Grigorian, soprano, e Roger Vignoles, piano; dentro do XIII Ciclo de Lied.
VIII SEMANA CULTURAL DA ROCHA
17.30h Obradoiro Imprimimos o noso libro.
20.00h Inauguración da Semana Cultural con Don Xosé Luis Méndez Ferrín, Presidente da Real Academia Galega, o Excmo. Señor Don Ángel Currás, Alcalde de Santiago, e Don Francisco Noya, Concelleiro de Centros Socioculturais.
Exposición de Artes Gráficas do 25 de Setembro ata o 6 de Outubro. Aberta ao público en horario de martes a sábado de 17.00h a 20.00h.

Compartir: