Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 19 de setembro

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, recibe os participantes na segunda das rutas didácticas organizadas pola Concellería, que nesta ocasión leva o título "Polos balcóns de Compostela". Trátase dunha visita a Santiago desde a perspectiva que ofrecen os balcóns e terrazas de edificios singulares da cidade. O percorrido comeza no Pazo de Raxoi para continuar pola Facultade de Historia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programacion do ciclo 'Teatro&Danza' no cuadrimestre setembro-decembro 2012.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a a directiva do equipo de fútbol Conxo.

20.00 h
No claustro do Museo do Pobo Galego, o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, inaugura a exposición itinerante da IX Bienal de Pintura do Eixo Atlántico que permanecerá aberta ata o domingo 30 de setembro. No acto estará presente tamén a subdirectora do Museo do Pobo Galego, Mª Xosé Fernández.

Compartir: