Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 10 de setembro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o programa Cultura Viva. Fai túa Compostela.

11.30 h
No Polígono da Costa Vella (República Checa, 40), a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, visita o viveiro de empresas da Cámara de Comercio.

11.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á presentación do novo corrector ortográfico Galgo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

Compartir: