Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para xoves 12 de xullo

10.45 h
No Centro Sociocultural da Gracia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, visita os participantes nas actividades de Vive o Verán.

11.30 h
No CEIP das Fontiñas, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, visita o Programa de conciliación familiar e laboral "Escolas de Verán 2012" con motivo do inicio das actividades do Planetario Móvil, equipamento facilitado pola Obra Social "La Caixa".

NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.30 h da Praza do Obradoiro para ir ao CSC da Gracia e, a continuación, ao CEIP das Fontiñas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal socialista Xosé Baqueiro e Mar Martín, sobre asuntos de interese local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coas concelleiras Reyes Leis, Amelia González e María Pardo, asiste á presentación de "O Santiago oculto dos peregrinos".

19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Serans.

20.00 h
Via Stellae
Na Igrexa da Universidade, 'Canto latino. Monodia barroca en España e Italia' con Juan Sancho e Manuel Vilas dentro do Via Stellae.

22.00 h
Via Stellae
No Salón Teatro, concerto de Pierre Hantaï baixo o nome 'Tres países, tres séculos, tres estilos, un clave' dentro do Via Stellae.

Compartir: