Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 5 de xuño

9.30 h
No Hotel AC Palacio del Carmen, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao foro de medio ambiente e desenvolvemento sostible organizado polo grupo Correo Gallego.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Curras, reúnese en audiencia co conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez Abad.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Emprego, Paula Prado, para presentar a páxina web da Axencia Local de Colocación.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o embaixador de Xapón, Satoru Satoh.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, para presentar, xunto coa Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Santiago, o seminario "Uso e valor do deseño na empresa" do programa Santiago Investors Support.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, para presentar o proxecto e a exposición "Un mundo de posibilidades". Asisten o director xerente de Sermasa, José María Tutor, as directoras das escolas municipais infantís de Santiago, e o artista plástico Xesús Carballido.

17.00 h
Na Fundación da Cidade da Cultura (San Roque, 2), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao padroado da devandita fundación.

20.00 h
Na Fundación Novacaixagalicia (Rúa do Vilar), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do libro "El arte del agua", de Eduardo Beiras.

Compartir: