Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 25 de xuño

9.00 h
No salón verde, comisión informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e especial de Contas para informar da liquidación do orzamento de 2011.

10.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Persoal, Amelia González, reúnese cos representantes da Xunta de Persoal e Comité de Empresa.

11.00 h
No salón de plenos, reunión da Mesa local de comercio. Enviarase nota de prensa.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director xeral de Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o festival Vía Stellae.

12.00 h
Na Casa do concello, ROLDA DE PRENSA da Xunta de Persoal e Comité de Empresa.

12.00 h
En Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Curras, acompañado pola concelleira de Mercados, Reyes Leis, recibe a Plataforma cidadá de apoio á Feira de Amio.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, para presentar a liquidación do orzamento de 2011.

Compartir: