Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 16 de xuño

10.45 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibe os membros do Club de Remo Tirán que fan o Camiño de Santiago cunha trainera. Posteriormente farán a ofrenda ao Apóstolo.

12.00 h
Na Facultade de Medicina, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de entrega da medalla de ouro a José Peña Guitián por parte do Colexio Médico da Coruña.

12.30 h
No pavillón de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao Campionato galego de natación alevín.

13.00-23.00h.
No parque de Belvís, Romaría Pop. Coa actuación de Disco Las Palmeras, La Familia, The Winning Numbers, Mequetrefe, Diadermin, Músculo! e Sr. Fluzo. Ás 13.00 h, asiste a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao.

23.30 h
No Cachán Clube, concerto de peche da Romaría Pop con Alex Casanova (Vilagarcía de Arousa, indietrónica) + Desconcierto DJ's.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de José Mercé que presenta 'Nuevo Amanecer'. En colaboración coa Cadena Cope.

21.00 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta 'Tango' dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda. Con Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo, Sabela Gago, Lino Braxe, Fernando Dacosta e Nate Borrajo.

I Xogos Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia
09:30 - 14:00 - Competición e entrega de premios - Pistas de atletismo da Universidade.
16:30 - 20:00 - Competición e entrega de premios- Pistas de atletismo da Universidade.
22:00 - 00:00 - Festa deportistas - Pavillón 14 - Monte do Gozo.

Compartir: