Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 15 de xuño

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que actúa como ponente a conselleira de Facenda, Elena Muñoz.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz Cadenas.

12.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración da exposición Gallaecia Petrea.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, para presentar os orzamentos.

12.30 h
Na explanada de Salgueiriños, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, inaugura a VI Xira Galega Karting.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste ao festival de fin de curso da Escola Municipal de Música.

20.00 h
I Xogos Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia
No pavillón da Universidade, os concelleiros Adrián Varela, Paula Prado e Amelia González, asisten ao acto de inauguración dos I Xogos Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto dos Grupos de Cámara da EAEM (Quinteto de cordas / Trío de violín, viola e piano) dentro do ciclo 'A Escola na Cidade'.

21.00 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta 'Tango' dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda. Con Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo, Sabela Gago, Lino Braxe, Fernando Dacosta e Nate Borrajo.

Compartir: