Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 23 de maio

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Francisco Reyes sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Consellería de Presidencia (San Caetano), o alcade compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia co conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
Na Sala de Prensa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás; e do deán da Catedral, José María Díaz, para presentar o Euro-Vía Festival, que se celebra os días 2 e 3 de xuño na cidade. Na rolda estará tamén o director artístico do festival, Johannes Skudlik.

20.00 h
Na Zona "C", inauguración da intervención 'Políptico' de Enrique Lista. Estarán o artista, Enrique Lista; a comisaria da intervención; María Marco; Amelia González, tenente de alcalde; José Víctor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia; o director do Máster de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da USC, Federico López Silvestre; e o coordinador Pedro de Llano.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Abe Rábade Trio (santiago de Compostela, jazz) que presenta o seu novo disco 'A modo', dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Compartir: