Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 26 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe ao Premio Nobel de Química 2010, Ei-ichi Negishi, que participa no programa ConCiencia.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, obradoiro de pequenos cineastas, dentro do programa Cine classics’12, organizado pola concellería de Centros Socioculturais.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria e urxente do día 17 de abril de 2012, (dimisión Alcalde).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria e urxente do día 17 de abril de 2012, (elección Alcalde).
3. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria e urxente do día 20 de abril de 2012.
4. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora da publicidade e rotulación.
5. Resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería.
6. Ampliación de usos permitidos nas reservas de equipamento deportivo (ED/DEP) e docente (EE/DOC) do Plan parcial do SUNP-22. Castro de Abaixo.
7. Aprobación definitiva da modificación puntual da ordenanza 3 do Plan parcial de Fontiñas.
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a composición da mesa local de comercio.
9. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a procura de solucións ao aumento do desemprego en Compostela.
10. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE sobre a procura de solucións ao descenso continuado da actividade turística en Compostela.
11. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á revisión ou compensación do acordo de exención de pagamento do IBI por parte da Igrexa Católica.
12. Proposición do grupo municipal do BNG para incrementar as axudas destinadas ás persoas emprendedoras.
13. Proposición do grupo municipal do BNG ante a necesidade de atopar unha solución aos traballadores de NEWCO.
14. Dar conta do informe anual de reclamacións e suxestións.
15. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
16. Dar conta de resolucións da Alcaldía, de nomeamento de persoal eventual e de designación de primeira tenente de alcalde.
17. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
18. Rogos e preguntas.
19. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.30 h
Na Zona "C" Ars Artis presenta 'Será o meu propio paraíso' con Lucas Herrador e Olga Abad.

21.00 e 23.00 h
No Teatro Principal, Luis Piedrahita presenta 'El castellano es un idioma loable lo hable quien lo hable' dentro do ciclo 'Falabaratos'.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. Con Davide Formistano, violín.

"Ler, contar e gozar coas letras"
17.30 h, Lsc de Laraño, Obradoiro. Impresión dun pequeno libro coa biografía de Valentín Paz Andrade. Nenos/as de 9 a 16 anos.
18.00 h, CSC da Trisca, Obradoiro: Creamos instrumentos, porque a música tamén se le. Nenos/as de 4 a 11 anos.
18.00 h, CSC da Trisca. Obradoiro: Vestimos as letras. Todos os públicos
19.00 h, CSC de Vite, Actividade de animación á lectura: "Unha casa chea de contos". Nenos/as.

XVI Certame de Teatro Intercentros
10:30 h IES Xelmírez, o grupo I IES Antonio Fraguas interpreta a obra Cantiaga da Rúa

Compartir: