Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 20 de abril

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.

10.00 h e 10.45 h
No Colexio San Francisco Javier, segundo ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago "Os cantos no país do xeo", organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

10.30 h
Nas instalacións de Área Central, fallo do xurado do concurso de debuxo SEMPRE COMPOS, convocado con motivo da celebración do 50 aniversario da SD Compostela. Esta iniciativa está organizada pola Sociedade Deportiva Compostela e o Concello de Santiago de Compostela, coa colaboración do centro comercial Área Central.

11.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Ratificación da urxencia da convocatoria.
2. Aprobación de acta de sesión ordinaria de 29 de marzo de 2012.
3. Aprobación de acta da sesión extraordinaria urxente de 30 de marzo de 2012.
4. Dar conta do escrito de renuncia de Don Gerardo Conde Roa como concelleiro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Vermello da Casa do Concello, recepción á Asociación de Mulleres de Etnia Xitana.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e de Tim Redford, director de Curtocircuíto, para presentar a novena edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, que se celebra do 2 ao 11 de maio.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Muller e Familia, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

20.00 h
No CSC do Ensanche, proxección de Eva ao desnudo, dentro do programa Cine classics’12. A continuación, "Café con Cine", charla sobre a película coa profesora titular da USC experta en literatura e cine, Patricia Fra.

20.30 h
Na Zona "C" de Bonaval, Ars Artis representa 'Será o meu propio paraíso'.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Maika Makovski e Gentle Music Men dentro do ciclo 'Íntimo&Acústico'. Makovski (Palma de Mallorca, pop-rock) presenta o seu novo disco 'Thank you for the boots' e Gentle Music Men (Barcelona, Indie-pop) fai a súa presentación en Galicia.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, 'As noites de Paramount Comedy' con Kaco, Paco Calavera e David Navarro.

"Ler, contar e gozar coas letras"
18.00 h, CSC de Vite, Obradoiro xogamos co nome Valentín Paz Andrade. Nenos/as
18.00 h, CSC de Conxo, Cóntame un conto. Nenos/as
19.00 h, CSC de Conxo, Contacontos con Celso Sanmartín. Todos os públicos
18.00 h, LSC Busto, Retallos. Campaña de animación á lectura. Obradoiro: marcapáxinas divertido. Todos os públicos. Nenos/as
18.00 h, LSC A Gracia, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todos os públicos

Compartir: