Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 13 de abril

10.00 h e 11.30 h
Ás 10:00 h no Colexio Santa Apolonia e ás 11.30 h no CEIP Arquitecto Casas Novoa, 2º ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago "Os cantos no país do xeo", organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, e do director xerentede Kalandraka, Xosé Ballesteros, para dar a coñecer o fallo do xurado do Vpremio internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Na rolda tamén estarán membrosdo xurado.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o duatlón que se vai celebrar o 14 de abril na cidade en colaboración co Club Triatlón Bricosa Santiago.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, proxección de O Falcón Maltés dentro do programa Cine classics’12. A continuación, "Café con Cine", charla sobre a película co crítico de cine Camilo Franco.

21.00 h
Íntimo&Acústico
Na Zona "C", concerto de The Bright, dentro do ciclo Íntimo&Acústico, no que presentan o seu disco 'Soundtrack for a winter's tail'. .

21.00 h
No Auditorio de Galicia, 'El testigo' con Rafael Álvarez, "El Brujo" dentro do programa de Teatro&Danza.

22.00 h
Na Sala Moon (República Argentina, 25), actuación dos grupos "Manolo e Fillos" e "Lío y Mayu", dentro do festival 'MusiCompostela', actividade enmarcada no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias.

Compartir: