Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 12 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG Rafael Vilar, do actor cómico Leo Bassi e do director do Festiclown, Iván Prado.

12.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, faladoiro "Da letra ao cine: reflexións sobre versións fílmicas de obras literarias" a cargo da profesora Patricia Fra. Presenta José Luis Losa, director de Cineuropa. Dentro do programa Cine Classics’12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais. Entrada de balde ata completar aforo.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Christoph König .

"Ler, contar e gozar coas letras"
18.00 h, no CSC da Trisca, Obradoiro: Elaboramos a nosa libreta. Todos os públicos
17.00 a 18.30 h, no CSC das Fontiñas, Obradoiro de liberación de libros (bookcrossing)
Todos os públicos
19.00 h, no CSC de Vite, Actividade de animación á lectura: "Unha casa chea de contos". Nenos/as
17.00 h, noCSC de Conxo, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todos os públicos

Compartir: