Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 10 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a campaña "Ler, contar e gozar coas letras", que se desenvolverá de abril a xuño nos csc da cidade.

12.00 h
Na Sede do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59), presentación da VII edición do Programa ConCiencia. Asistentes:
Xerardo Conde Roa, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago
Juan Casares Long, Reitor da Universidade de Santiago
Jorge Mira, profesor da USC.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás; e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar 'El testigo’, de Rafael Álvarez, "El Brujo"; e 'Grooming' de Teatro de la Abadía, que se representarán na cidade nos vindeiros días dentro do programa Teatro&Danza da Concellería.

"Ler, contar e gozar coas letras"
17.00 a 18.30 h
No CSC das Fontiñas, Obradoiro de liberación de libros (bookcrossing). Todos os públicos
17.00 h
No CSC de Conxo, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todos os públicos
19.00 h
No CSC das Fontiñas, recital de poesía para nenos e lectura do manifesto do día do libro infantil por Paula Carballeira, dentro do programa "Ler, contar e gozar coas letras". O manifesto é un texto que recorda o papel fundamental que teñen as historias e contos na formación, riqueza e goce da cultura. Este ano redactouno o mexicano Manuel Hinojosa.

Compartir: