Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 9 de febreiro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Obras, Infraestruturas, e Parques e Xardíns, María Castelao, para presentar a páxina web do proxecto europeo Park Atlantic.

13.30 h
No Salón Vermello, audiencia aos membros do proxecto europeo Park Atlantic.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa Asociación de Veciños Casa Agraria de Meixonfrío. Asisten os concelleiros de Participación Cidada, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente.

19.30 h
No Instituto Teolóxico Compostelán (San Martiño Pinario), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto académico de despedida do profesor José Leonardo Lemos Montanet.

20.30 h
Na Zona "C", 'Mujer muerta caminando' de Cámara Negra Teatro, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, dentro da programación de Teatro&Danza.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave. Nemanja Radulovic, violín.
21.00 h
No Teatro Principal, 'A filla de Woody Allen' de Santiago Cortegoso con Marián Bañobre, dentro da programación de Teatro&Danza.

Compartir: