Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 3 de febreiro

11.00 h
No Colexio La Salle, charla do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e da futbolista internacional Verónica Boquete, cos alumnos e alumnas do centro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, presentación conxunta do "Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla", coa asistencia dos alcaldes de Santiago, Xerardo Conde Roa; A Estrada, José Carlos López Campos; Vila de Cruces, Jesús Otero Varela; Touro, Ignacio Codesido; Vedra, Carlos Martínez Carrillo; Boqueixón, Adolfo Gacio Vázquez; a concelleira de Cultura, Normalización Lingüística e Patrimonio de Teo, Carme Hermida Gulías; e o concelleiro de Cultura e Turismo de Silleda, Matías Rodríguez da Torre.

17.00 h
En Padrón, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á xuntanza da Fundación Rosalía de Castro.

20.00 h
Na Colexiata de Sar, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste aos actos con motivo da festividade de San Blas.

20.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugura a exposición "50 ANOS DE FÚTBOL GALEGO EN CROMOS".

20.30 h
No Estadio de San Lázaro, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a futbolista Verónica Boquete asisten ao adestramento dos equipos femininos SD Villestro e SD Compostela.

20.30 h
Na Zona "C" de Bonaval, Cámara Negra Teatro presenta 'Mujer muerta caminando' a partir de textos da novela 'O idiota' de Dostoievski. Carlos Álvarez-Ossorio, director.

Compartir: