Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 27 de febreiro

11.00 h
Na Escola Infantil de Conxo, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, participa no concerto inaugural "OS CONTOS DO PAÍS DO XEO" do Programa de Educación Musical 0-3, que a Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música, deseñou para as escolas infantís municipais.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcade compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, asisten á presentación do novo taxi adaptado co que contará a cidade. Posteriormente, o concelleiro informará sobre o proceso de peonalización.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co cónsul de Panamá, Cristóbal Fundora Leitón.

16.30 a 18.30 h
Na Almáciga, Xornada de portas abertas no Colexio Apóstolo Santiago.

Compartir: