Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 12 de novembro

9.00 h
Na Casa do Concello, Xunta xeral extraordinaria de Emuvissa para a aprobación da disolución voluntaria da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago, SA, no marco do cumplimento do Plan de Axuste do Concello aprobado en sesión extraordinaria do Pleno de 30 de marzo de 2012.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación das actividades de celebración do 40 aniversario da Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, que tera lugar o 16 de novembro. Asisten: as concelleiras de Turismo, Reyes Leis, e Parques e Xardíns, María
Castelao, a xerente do Consorcio, María Antón, e o catedrático de Botánica
da USC, Jesús Izco.

12.00 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polo concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, reúnese coa asociación de veciños Camiño das Fontiñas. Punto de encontro: restaurante Monterrey. A continuación, reúnese coa asociación de veciños Serafín Zas no Centro Sociocultural da Rocha.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.45 h da Praza do Obradoiro.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA dos compoñentes de The Last Minute Experience para presentar o concerto que darán o martes 13 dentro do programa Cineuropa Concerto e o seu novo disco Low cost generation.

CINEUROPA
Teatro Principal
17.00 La noche de enfrente Sección Oficial
19.15 Mapa Sección Oficial
21.15 Holy Motors Sección Oficial
23.15 Laurence Anyways Sección Oficial e Retrospectiva de Xavier Dolan

Salón Teatro
17.00 The Misfits (Vidas rebeldes) Cinefilias
19.00 Wuthering Heights Sección Oficial
21.30 Liberal Arts Panorama Internacional
23.15 El muerto y ser feliz, coa presentación a cargo do director da película, Javier Rebollo, e coloquio posterior Sección Oficial

Compartir: