Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 9 de outubro

11.00 h
Na praza Roxa, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos actos con motivo do Día Mundial da Optometría.

11.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e de Xiana Carracelas e Iria Sobrado, do Colectivo As Churras, para presentar 'A Triloxía. Clitemnestra-Electra-As Furias' que estará na Zona "C" desde o 12 ata o 28 de outubro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Comercio, Reyes Leis, para presentar o Programa de cheques de consultoría Urbana Santiago Norte.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os participantes no I Congreso ibérico de casas museo e fundacións de escritores.

12.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, presenta o Día da Familia, xunto con directivos do Santiago Futsal e membros de Xuntos Podemos.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro Tascabile (Bérgamo) presenta 'Los habitantes de Arlequinia', Historias e contos das máscaras italianas de Claudia Contin dirixida por Ferruccio Merisi. Dentro do ciclo 'Teatro&Danza' e en colaboración coa Escola Internacional da Comicidade.

Compartir: