Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 27 de outubro

9.00 h
Na Facultade de Medicina, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ás XXII Xornadas da Asociación Galega de Medicina do Deporte.

9.30 h a 14.00 h e 15.45 h a 22.00 h
No pavillón de Santa Isabel, xornada con motivo do Día Mundial do Judo, organizada polo Club de Judo Compostela. Colabora a Concellería de Deportes. Asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

10.00 h
No salón de actos do CIFP Politécnico, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, asiste á inauguración do Primeiro Foro de Familias con motivo da conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido (DCA).

11.00 h
No Centro Sociocultural de Conxo, Obradoiro de Escrita Creativa, conducido polo escritor Carlos Negro. Organizado pola Concellería de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

12.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, encontro teatral dentro de Axóuxeres 2012, actividade orientada aos máis pequenos que forma parte dun programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A entrada é de balde ata completar aforo, pero cómpre reservala previamente no teléfono 637 179 304, en horario de 9.00 a 16.00 h. Colaboran as concellerías de Educación e Normalización Lingüística.

20.00 h
No Paraninfo da Universidade, concerto do Trío Arbós dentro das Xornadas de Música Contemporánea.
20.30 h
Na Zona "C" de Bonaval, o Colectivo As Churras presenta "A Triloxía: Electra" dentro do ciclo Teatro&Danza.
21.00 h
No Teatro Principal, Teatro Meridional presenta 'Calisto' de Julio Salvatierra dentro do ciclo 'Teatro&Danza'.
22.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto de Barn Owl (California, drone), dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: