Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 10 de outubro

9.30 h
Na sala de prensa, sorteo dos cheques agasallo do programa Santiago Stock.

11.00 h
No cruceiro de San Pedro-Concheiros, a concelleira de Benesta Social, Paula Prado, participa na campaña Mentaliza-t para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental. Repartiranse máis de 500 adhesivos como símbolo de sensibilización e con recomendacións xerais sobre a saúde mental.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Paula Prado, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, mantén unha reunión con técnicos e responsables da empresa Urbaser sobre o vertedoiro de Aríns.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, para presentar o Torneo Internacional de Squash PSA "Trofeo Camino de Santiago".

21.00 h
No Teatro Principal, único concerto en Galicia de Josele Santiago dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Compartir: