Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 31 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o rexedor de Vedra, Carlos Martínez Carrillo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o novo ciclo de Jazz da concellaría, Jazz in Blue, e a nova imaxe do folleto de programación xeral.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para facer balance da pista de xeo.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Xosé Baqueiro, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
Na rúa Romero Donallo, 29 entreplanta, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste xunto coa concelleira de Benestar Social, Paula Prado, á inauguración da sede da Asociación Compostelá de Nenos Hiperactivos.

20.00 h
No centro cultural de Novacaixagalicia (Preguntoiro, 23) o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de entrega do XIV premio COAG de Arquitectura e homenaxe aos arquitectos que cumpren 50 anos de colexiación.

Compartir: