Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 30 de xaneiro

A partir das 10.00 e ata as 18.00 h
No Centro Sociocultural de Villestro, reunión do concelleiro de Participación Cidadán e Centros Socioculturais, Francisco Noya, con todo o persoal municipal de Centros Socioculturais para poñer en común o traballo desenvolvido nestes meses.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Ángel Currás, para presentar as actividades da Escola Municipal de Música de Santiago. Asiste a directora da escola, Sara Domínguez.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Albino Vázquez, para presentar o novo sistema de información do transporte urbano.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

14.30 h
No Comedor Real do Pazo de Mariñán, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á recepción ofrecida polo corpo consular da Coruña.

20.00 h
Na sede da Fundación Novacaixagalicia (praza de Cervantes) o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á conferencia do Dr. José Ramón González Juanatey, organizada polo Ateneo.

Compartir: