Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 24 de xaneiro

10.45 h
Na Casa do Cabido (praza das Praterías), o concelleiro de Educación, Ángel Currás, visita a exposición Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211 acompañado por un grupo de escolares do Colexio Nosa Señora dos Remedios e do Colexio "A Milagrosa".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación de Teatro&Danza da Concellaría de Cultura. Na rolda estarán tamén María Barcala e Susana Dans, protagonistas de 'E.R. (algún día traballaremos xuntas)' e Carlos Álvarez-Ossorio, director de 'Mujer muerta caminando' que son as primeiras obras do programa.

12.00 h
No estacionamento de Salgueiriños, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Albino Vázquez, visitan a nova área de servizo e punto limpo para autocaravanas.

18.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside o acto de entrega dos títulos de Socio de Honra da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela a Baldomero Cores Trasmonte e a Xesús Garabal Expósito, con motivo da celebración do patrón dos xornalistas, San Francisco de Sales.

Compartir: