Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 20 de xaneiro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente o arcebispo de Santiago, Julián Barrio.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis García Bello, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato Galego de Cross.

17.00 h
Na Fundación Camilo José Cela (rúa Santa María, 22, Iria Flavia, Padrón), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participa nos actos do XXV aniversario da devandita fundación.

18.00 h
Na Catedral, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste aos actos da festividade de San Raimundo de Peñafort que organiza o Colexio de Avogados. Ás 19.00, no salón nobre do pazo de Fonseca, asiste á entrega da medalla de ouro a título póstumo a Antonio Castro García.

21.00 h
No Teatro Principal, Escola de Teatro Valle-Innova presenta 'Próxima estación' de Alberto Dosil. .

21.30 h
No Auditorio de Galicia, 'Semente de Músicas: 18 cordas e tres sereias. Concerto solidario polo direito a medrar en galego' con Uxía Senlle, Ugía Pedreira, Guadi Galego, Fred Martins, Guillerme Fernández e Sergio Tannus.