Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 13 de xaneiro

11.30 h
Na pista de xeo da praza da Quintana, a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, asiste ao sorteo dos premios para os participantes nas Noites Abertas do comercio compostelán. O primeiro premio será unha viaxe a Eurodisney para catro persoas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
No exterior do colexio Compañía de María (rúa da Ensinanza, 3), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, asisten á colocación da figura da Virxe da Cerca, tras a súa reparación.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Pablo González, con Isabelle Faust, violín. .

Compartir: