Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 15 de setembro

11.00 h
No Grupo municipal do BNG, Rubén Cela e Rafael Vilar manteñen un encontro co presidente da SD Compostela, Antonio Quinteiro. Ao inicio do encontro, os medios gráficos poderán tomar imaxes.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o director xeral de Acuanorte, Juan Carlos Martín Fragueiro.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o xefe provincial de Tráfico da Coruña, Pedro Pastor del Castillo.

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

20.30 h
No parque Pablo Iglesias (na pista de baloncesto) o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de presentación da nova xunta directiva da asociación de veciños de Guadalupe.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Morcego estrea ‘American Café’ de R. Mohamed dirixida por Celso Parada con adaptación de Henrique Harguidey. Con María Salgueiro, Xavier Deibe, Carlos Mosquera, ‘Mos’. Antonio F. Simón, Marcos Viéitez e Celso Parada.

Compartir: