Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 3 de xuño

10.30 h
Na Fundación Torrente Ballester, os nenos e nenas de 0 a 3 anos das Escolas Infantís do Tambre, Conxo, Fontiñas e San Roque realizarán unha visita didáctica á exposición "Un Mundo de Posibilidades", organizada pola Concellería de Educación.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá en funcións, Guadalupe Rodríguez, para presentar as xornadas de cultura venezolana "Venezuela descoñecida" que organiza a Asociación de Venezolanos de Santiago en colaboración coa Concellería.

15.00 h
En Lisboa, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á investidura como Doctor Honoris Causa pola Universidade de Lisboa do profesor Carlos Pajares, acompañando ao reitor da USC, Juan Casares.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, 'Xogos Tradicionais: a billarda, a ra, as chapas...' dentro do programa da Aula de Xogo.

20.30 h
No CSCXM do Ensanche, Charla sobre alimento ecolóxicos por Ecovenres. (A Cesta da Saúde)

20.30 h
No Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, situado en Belvís, concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins, coa colaboración da Concellaría do Medio Ambiente.

Festas da Ascensión 2011

20.00 XXXV Campionato de chave.
Paseo da Alameda

21.00 Nosolomonólogos. Final.
Teatro Principal
Prezo único: 3 euros

21.00 Noites en Cervantes - Sons da cidade vella: Lobalú trío.

22.00 Orquestra Marimba.
Paseo Central da Alameda

22.00 Sistem (percusión, Rumanía).
Campus Sur
Entrada libre

23.00 Música no Toural: Leilía.

23.00 Noites en Cervantes - Sons da cidade vella: Kana Kaina

Compartir: