Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 22 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel.

11.30 h
En Salgueiriños, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a Escola Infantil de Salgueiriños-Meixonfrío, xunto coa concelleira de Educación en funcións, Mercedes Rosón.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.15 h da Praza do Obradoiro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na sede do Consorcio, o presidente do Consorcio e alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa xunta directiva da federación de asociacións de veciños do rural, FERUSA.

20.30 h
No Hotel Monumento San Francisco, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á entrega de diplomas acreditativos da concesión do premio San Telmo ao viaduto sobre o río Ulla, na liña de AVE Santiago-Ourense.

21.00 h
No Teatro Principal, proxección do documental 'Memoria do Castiñeiriño' de Marcos Gallego
Actos con motivo do Día Europeo da Música
18.30 h
Conto musicado "O Avión de papel"
Escola Municipal de Música
Praza do Toural
19.15 h
Obradoiro de cancións con xestos
Escola Municipal de Música
Praza do Toural
20.00 h
"O Mundo de Bela Bartok"
Escola Municipal de Música
Praza do Toural

Compartir: