Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 17 de xuño

10.00 h
Na Fundación Cidade da Cultura, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza do padroado da devandita fundación.

11.00 h
Na finca de Vista Alegre, o Consorcio de Santiago fai entrega á Universidade de Santiago de Compostela do novo edificio do Museo de Historia Natural Luis Iglesias. Asisten:
Xosé A. Sánchez Bugallo, presidente do Consorcio e alcalde en funcións
Juan Casares Long, reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

16,00 h
No marco das celebracións con motivo do Día Europeo da Música (21 de xuño), concerto da Escola Estudio no Hospital Clínico Universitario.

20.00 h.
Na Casa das Asociacións de Cornes, recital poético "Expulsadas do Parnaso", dentro das xornadas Que ves cando me ves? (www.quevescandomeves.org).

20.30 h
No CSCXM do Ensanche, Charla sobre alimentos ecolóxicos: Ecovenres.
21.00 h
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, concerto de Ana Belén e Rosa Torres-Pardo, 'Música Calada. A vida rima' dentro do ciclo Sons da Diversidade.

21.00 h
No Teatro Principal, preestrea do documental 'Eduardo Barreiros, o Henry Ford español' de Simón Casal de Miguel .