Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 2 de maio

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a campaña de Servizos de Atención Temperá.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, e do presidente de ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia), Manuel Rozados, e a psicóloga da asociación, Aurea Brea, para presentar o Plan de Acción 2011 da Asociación e o programa do V Festival da Diversidade que se celebrará o 19 de maio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, inauguración da exposición L'Extraordinaire Uchronie, que tenta reponder á pregunta de como sería Santiago imaxinada por Xulio Verne, dos organizadores que o ano pasado encheron a Praza do Obradoiro cos fans da Guerra das Galaxias. Estará aberta ao público ata o sábado 7, día dos actos centrais do evento en distintos puntos da cidade.

12.30 h
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios Ánxel Casal.

13.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, saúda os nenos e nenas que participan no Correlingua 2011.

18.45 h
No Instituto Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do premio Arcebispo de San Clemente.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á gala de Santiagosiete.

Compartir: