Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 18 de maio

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, recital de poesía. Poemas e poesías cantadas de Lois Pereiro e de autores e autoras galegos/as de todos os tempos, a cargo do dúo de guitarristas Yunta Brava, que actúan por cortesía de Nosolomonólogos. Farase entrega gratuíta dun poemario do poeta homenaxeado e de material divulgativo da Concellaría de Normalización Lingüística.

20.00 h
No Teatro Principal, actuación do grupo de teatro "Tantometén", do IES Antón Fraguas, como gañador do Certame de Teatro Intercentros de Santiago coa obra Animaliños, unha adaptación da obra de Roberto Vidal Bolaño. Ao finalizar dita representación a concelleira de Educación, Mercedes Rosón Ferreiro, fará entrega dos premios á mellor obra na categoría de Educación Secundaria, ao mellor actor e á mellor actriz do certame.

Compartir: