Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 11 de maio

12.00 h
Na Sede da Asociación Hostelería Compostela (Rúa Salvadas, 29), o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, os presidentes da Asociación Hostelería Compostela, José Antonio Liñares e Jesús Sordo, o responsable de Trade Marketing de Estrella Galicia, Manel Pérez Piñón, e o cociñeiro Pepe Solla, presentan a IV edición de SANTIAGO(é)TAPAS, evento enmarcado na programación do 800 aniverario da Consagración da Catedral. Tras a rolda servirase un coctel preparado polo cociñeiro Pepe Solla, no que se presentará públicamente o novo producto de Estrella Galicia, Estrella Galicia Artesana.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Cidade Histórica, Olga Pedreira, e Parques e Xardíns, Elvira Cienfuegos, para presentar as bases do III Concurso de Balcóns da Cidade Histórica.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas e Xuventude, Xosé Baqueiro, para presentar o programa das Festas da Ascensión 2011.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Albino Vázquez Aldrey, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No CSCXM do Ensanche, Proxección de 'Un metro cadrado' (2006) dentro do ciclo telefilmes do programa Cinemas Dixitais.

20.00 h
Na Casa das Asociacións, inauguración da exposición "Contribución da muller ao desenvolvemento rural sostible" dentro de Que ves cando me Ves?, xornadas pola visibilidade da muller na produción cultural galega actual e a reflexión crítica da cidadanía.

Todo o día
VIII edición de Curtocircuíto
Consultar programación completa en www.curtocircuito.org

Compartir: